En COMUNIDADES MORRAZO, realizamos unha xestión integral das Comunidades que Administramos. Tal e como indica o seu nombre a súa área de acción é a zona do Morrazo, entendendo como tal as poboacións de Cangas, Moaña e Bueu.
Encargámonos de poñer en marcha unha Comunidade de Propietarios, realizando a reunión de Constitución, dándoa de alta en Facenda, abrindo a conta para o ingreso das cotas e o pagamento dos gastos. Negociamos prezos con empresas subministradoras ou de servizos (Luz, auga, limpeza, ascensores, gasóleo, etc...).
Tamén convocamos as Xuntas e asistimos a estas, coidamos de que os acordos se adecúen á lei de Propiedade Horizontal. Redactamos as actas das reunións e enviamos unha copia a todos os propietarios. Xestionamos o seguro comunitario dando parte dos sinistros que se produzan. Coidamos de que as Comunidades cumpran sempre co que marcan as Leis, como a alta do ficheiro de datos na Axencia Española de Protección de Datos, inspeccións de sistemas de Baixa Tensión, Ascensores, Detección de CO2, Caldeiras, Sistemas Antiincendio, etc...
Realizamos as xestións necesarias ante organismos públicos - Concello, Xunta, Deputación, Medio, etc...
Enviamos profesionais para o arranxo das avarías e solicitamos presupostos para as obras de mantemento do Edificio.
Archivamos a disposición de los propietarios toda la documentación de la Comunidad ( Libro de Actas, Contratos, División Horizontal, etc...).
Todo iso cunha atención personalizada e unha experiencia de anos na Administración de Fincas.