No ano 1.997 na bisbarra do Morrazo (Cangas, Bueu e Moaña), non existía a figura do Administrador de Fincas, persoa dedicada profesionalmente á Xestión de Comunidades de Propietarios.
Nese ano, xorde COMUNIDADES MORRAZO, nunha pequena oficina da rúa Méndez Nuñez de Cangas pola inquietude duns mozos emprendedores nun futuro ilusionante.
Ao longo destes anos e grazas ao bo facer na xestión, a empresa foi crecendo de forma continua.
Co paso dos anos as oficinas de Comunidades Morrazo, van cambiando de situación, buscando na ampliación das súas instalaciones e do seu persoal, un mellor servizo aos seus clientes. Dende o seu inicio da rúa Méndez Núñez á Avda de Marín, 23, Piso 1º Izda. de Cangas, lugar en que actualmente están as nosas oficinas, pasando por outras situacións intermedias.